Sunday 28 de April de 2024

En marcha a pavimentación da estrada de Fafián ao longo de 370 metros


O Concello de Riveira informa de que comezaron as obras dirixidas á pavimentación da estrada de Fafián, na cidade de Santa Uxía, ao longo dun tramo de 370 metros.

O firme da vía en cuestión, que enlaza o entorno do cemiterio municipal co do viveiro de empresas, rexistra un pavimento en mal estado. Xa hai un ano fixérase unha actuación dirixida á instalar unha rede de canalización de pluviais da que a estrada carecía e agora se está a proceder a estender unha nova capa de aglomerado asfáltico para mellorar a seguridade viaria nun vial con frecuente tráfico rodado.

A empresa que se está a encargar de realizar as novas obras de aglomerado será Nemesio Ordóñez S. A.. Ten un importe de 31.982 euros e o seu prazo de execución é dun mes.